Secretariado Diocesano de

Medios de Comunicación Social

Obispado de Lugo

 

    

Actividades coordinadas polo Secretariado Diocesano de Medios de

Comunicación Social do Bispado de Lugo:

 

 

 

Programación Relixiosa Local.

  1.  “Plegarias al Mediodía”: programa de reflexión diario; de 2-3 min. de duración. Sobre as 12.20 h.

  2. Programa “Igrexa en Lugo”: magazine relixioso con tertulias e entrevistas sobre temas de actualidade da Diocese. Duración unha hora. Emítese os venres de 15:00 a 16:00h.

  3. Santa Misa: Domingos de 9:00 a 9:45h. Celebra o Vicario Xeral da Diocese, don Gonzalo Fraga, e o Delegado de Pastoral da Saúde, don Edelmiro Ulloa (últimos domingos de mes).

  4.  Informativo Diocesano “Igrexa entre Liñas”: emítese a continuación da Santa Misa e ten unha duración de 15 min.

    A través da páxina web: www.diocesisdelugo.org,   a Diocese de Lugo pon en coñecemento da comunidade local e universal os actos máis destacados da vida diocesana.

  

         Mediante a revista “A NOSA VOZ”, de periodicidade mensual, danse a coñecer novas de actualidade, artigos de opinión, cuestións relaciondas coa liturxia e reportaxes de actualidade e de divulgación de diversas realidades diocesanas, moitas delas descoñecidas para o público en xeral. Esta revista elabórase en colaboración coa Vicaría de Pastoral.

 

 

      Existen, ademais, na Diocese outros medios escritos que teñen esta mesma función de comunicación: O Boletín Oficial do Bispado, de periodicidade trimestral, o boletín da ADORACIÓN NOCTURNA,  a revista LVCENSIA, que edita a Biblioteca do Seminario de Lugo, o boletín, “LUGO MISIONERO”, editado pola Delegación de Misións e que se distribúe entre os misioneiros lucenses espallados polo mundo, e diversas follas parroquiáis.

    Para ampliar esta información ou facer consultas sobre o funcionamento do Secretariado, e tamén para mandar informacións para que se recollan nestes medios poden poñerse en contacto con nós no edificio do bispado, sito na praza de Santa María, 1. Aquí poden poñerse en contacto con María Xosé Campo ou Xosé Manuel Castro. Teléfono: 982 23 11 43. Fax: 982 25 15 93. Por correo electrónico poden escribirnos ó seguinte enderezo: mcsbispo@planalfa.es