| Xornada Mundial da Vida Consagrada |
|
|
|
| Escrito por + Alfonso Carrasco Rouco | |
| martes, 02 de febrero de 2010 | |
|
CAMIÑOS DE CONSAGRACIÓN Queridos irmáns: Celebramos de novo neste día 2 de febreiro, festa da Presentación do Señor no Templo, a Xornada mundial da Vida Consagrada, destinad a poñer ante os nosos ollos a presenza dos nosos irmáns consagrados e o seu inmenso servizo e medio de nós, moitas veces para cos máis pobres, e a espertar nos nosos corazóns a alegría e o recoñecemento a Deus e a eles pola súa compañís, a súa entrega, a súa oración e a súa acción. O froito primeiro da Xornada será o crecmento no amor mutuo, na acollida cordial do seu testemuño, pero tamén na atención ás súas necesidades máis concretas. E froito espléndido, que pedimos ó Señor,sería o xurdir entre nós novas vocacións á vida consagrada, animadas pola presenza fraterna de vai por diante neste camiño. Encontrámonos celebrando, por outra parte, o “Ano santo compostelán”. Tamén esta Xornada mundial dalgún modo o recorda, escollendo este ano como lema “camiños de consagración”. Existe certamente unha gran variedade de carismas fundacionais e, por tanto, de “camiños” de vida consagrada, que manifestan cántas dimensións ten o ser cristián e con cánta riqueza pode expresarse o don do Espírito, a caridade que fecunda o corazón crente. Pero eu quixera insistir brevemente nun punto particular: ¿non é cada irmán ou irmá consagrada dalgún xeito un camiño de consagración? ¿Non doa o Señor a cada un ser con El e nel como un camiño? Cada fiel consagrado está chamado, con particular radicalidade, a ser unha presenza que faga posible no medio do mundo encontrarse e seguir ó Señor Xesucristo, o sendeiro da vida. O seu testemuño de consagración é un tesouro, imprescindible moitas veces, para o propio irmán consagrado. Quen no seu corazón está verdadeiramente en camiño, fiel á forma en que recibiu o Evanxeo e a chamada á consagración, é como unha luz que mostra e fai fácil seguir o sendeiro.Pidamos todos ó Señor que permita a tódolod fieis consagrados ser esta testemuña luminosa en primeiro lugar nas súas propias comunidades. E que a todos dea a graza de ter sempre cerca quen ilumine coa súa presenza a propia vocación e a tarefa da propia vida. Para a Igrexa tódalas comunidades e persoas consagradas están chamadas a mostrar de mdo real e próximo o camiño do Evanxeo. Todos necesitamos o seu testemuño e empobrecémonos cando nos falta. A súa presenza viva é un verdadeiro don do Espírito para a Igrexa que peregrina na historia e concretamente en Lugo. Moitos son os exemplos que podemos recordar nós mesmos e que nos invitan á gratitude na nosa Diocese. Testemuñémoslles sempre o noso apoio, en primeiro lugar a quen temos máis cerca.. Farémolo en particular nesta Xornada do 2 de febreiro, na Catedral Basílica de Lugo, celebrando xuntos a Santa Misa ás 20h. Todos estamos invitados a participar e, en todo caso, a celebrar ests día nas propias parroquias e comunidades. A santísima Virxe María, que camiñou sempre á luz do seu Fillo,peregrinou a Xerusalén, sendo El aínda neno pequeño para presentalo no Templo e seguiuno logo ata a cruz, para renovar nas maiores dores este ofrecemento ó Pai de si mesma e do máis querido, de Xesús. Que ella, Nai tamén nosa, protexa e garde o corazón e os camiños de todos e tódalas consagradas na nosa Diocese, e lles alcance do seu Fillo a docilidade ó Espírito e a abundancia dos seus dons, xunto coa verdadeira fecundidade da súa entrega e da súa consagración.
+Alfonso Carrasco Rouco Bispo de Lugo |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|






