Início / Menu Diócesis / Noticias

75 anos do Padre Feijoo no mosteiro Samos


Frei Benito Jerónimo Feijoo e Montenegro foi un dos moradores ilustres do mosteiro benedictino de Samos (Lugo) onde el realizou o noviciado dende o ano 1676 ata 1678; o seu grande afecto por este lugar quedaría expresado posteriormente en varios dos seus escritos. Por isto, os monxes quixeron corresponder cun recoñecemento que comezou a xestarse en 1935, sendo abade Mauro Gómez Pereira, quen pensou nun monumento e promoveu unha subscrición popular. Para levar a cabo esta homenaxe foi nomeado un comité «pro-monumento», e entre os seus membros estaban Ramón Otero Pedrayo e Xosé Filgueira Valverde.

A obra foi tallada por Francisco Asorey e o proxecto converteuse en realidade o 24 de agosto 1947, coa inauguración da estatua. Nesa data organizáronse en Samos grandes festexos populares e no mosteiro celebrouse unha Misa Pontifical, presidida polo bispo de Lugo, monseñor Rafael Balanzá, con sermón laudatorio do prelado mindoniense monseñor Fernando Quiroga Palacios. A continuación, o mesmo bispo diocesano, procedeu á bendición do monumento, ante o cal o abade de Samos pronunciou un discurso ao que contestou o ministro de Industria, Juan Antonio Suances.

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March
Más