Início / Menu Diócesis / Documentos / Curia / Estatutos

Comisión de Patrimonio Histórico-Artístico e de Liturxia (Estatutos)

Lo último del obispo


Descarga en pdf

A Igrexa creou e foi enriquecendo, ao longo da súa histo- ria, un Patrimonio artístico, Documental e Bibliográfico, co obxectivo de servir aos seus fins propios: o culto, a evanxe- lización, o ensino, a acción caritativa e a formación de sa- cerdotes e relixiosos. o destino orixinal e primario deste patrimonio é o ben espiritual e cultural do pobo cristián, que debe respectarse en todo caso, procurando ao mesmo tempo que sexa accesible para o estudo, a investigación e o enriquecemento cultural de todos. a Igrexa séntese res- ponsable deste Patrimonio que lle pertence e que quere por ao servizo de todas as persoas e das xeracións futu- ras. Por outra banda, estes bens son recoñecidos de feito como parte do Patrimonio Cultural de Galicia, posuidores dun valor relevante —tanto material coma inmaterial— para identidade da cultura galega a través do tempo.

o coidado destes bens patrimoniais é unha preocupación constante da Igrexa universal e da Igrexa lucense en par- ticular, que tan só catro anos despois das novas recomendacións e disposicións da sagrada Congregación do Clero na materia,en xullo de 1942, regulamenta e constitúe na Diocese a “Comisión Diocesana de arte sagrado”, deca- na de todas as galegas. Velar pola conservación, defensa e 

incremento deste Patrimonio segue a ser particularmente urxente tamén nas circunstancias actuais, polo esmorece- mento do mundo rural e o deterioro ocasionado polo paso do tempo, polo posible descoido por parte dos administra- dores ou por atentados de persoas estrañas.

esta responsabilidade, que pesa sobre os seus inmediatos administradores, conforme a dereito recae en última instan- cia sobre o Bispo, coma administrador de todos os bens diocesanos.

Para o mellor cumprimento desta grande tarefa renóvase a “Comisión Diocesana de arte sagrado” baixo a denomina- ción de Comisión de Patrimonio Histórico-Artístico e de Liturxia, cos seguintes estatutos.

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March