Introducción Ofrenda (gal)

Lo último del obispo


Ofrenda de Galicia ao Santísimo Sacramento na Catedral de Lugo

Desde o ano 1669, na Catedral de Lugo, o domingo seguinte á solemnidade de Corpus, ten lugar a Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento. Esta Ofrenda é o único acto institucional que, na actualidade, segue falando da nosa entidade como reino.

Ese domingo todo o pobo de Galicia, por medio dos rexedores das provincias do reino, presenta esta gran ofrenda a Xesús Sacramentado, mantendo viva dese xeito a memoria da nosa identidade e da nosa cultura. Achegarse neste día á Catedral de Lugo, non é soamente unha profesión de fe cristiá, tamén é un símbolo da historia do noso pobo e da esperanza dun futuro común. 

 

Lugo Cidade do Sacramento

Somos a Cidade do Sacramento, polo privilexio extraordinario da Exposición perenne do Santísimo no Altar Maior da nosa Catedral. E como consecuencia desta gran tradición, importante non só para Lugo senón tamén para o resto de Galicia, xurdirá a Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento.

As 7 Provincias do Reino de Galicia

As 7 cruces que aparecen no escudo galego xunto ao cáliz e a sacra forma representan as 7 provincias do reino:

  • A Coruña
  • Santiago de Compostela
  • Ourense
  • Mondoñedo
  • Betanzos
  • Tui
  • Lugo

Aínda hoxe, o escudo da nosa comunidade autónoma, no que se expresa a identidade do pobo galego, contén unha alusión directa á tradición eucarística da Catedral de Lugo.

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March