Início / Menu Diócesis / Noticias

O Bispo constitúe o fondo diocesano «Sempre Xuntos»


Mons. Alfonso Carrasco: “A nova situación en que nos atopamos, as necesidades están a crecer, debido á crise económica e social xerada polo confinamento, afectando á vida cotiá de persoas e familias. Por iso, pareceunos corresponder á vontade inicial dos doantes ampliar agora os obxectivos aos que está destinado o fondo “Sempre Xuntos”, converténdoo nun “Fondo diocesano” máis permanente, vinculado ás necesidades caritativas máis urxentes das nosas parroquias”

Nesta nova normalidade que agora comezamos necesitaremos que sexa verdade o lema de “Sempre Xuntos”, para non deixar atrás a ninguén, e experimentar esta “comuñón cristiá de bens”, nacida da liberdade da fe”

Nunha carta o Bispo de Lugo explica como xorde e cal é o obxectivo deste fondo diocesano destinado a facer fronte ás necesidades caritativas das parroquias.

O fondo está dotado dunha cantidade inicial de 100.000€. Deles 44.000€ proveñen da campaña Sempre Xuntos (iniciativa do clero diocesano); 32.000€ é achega da Diocese de Lugo; e 24.000€ achegados por Caritas Diocesana.