Este domingo, o programa da TVG "Polo Camiño da Fe", dirixido e presentado pola lucense María José Campo, centrouse na materia escolar de Relixión Católica. Nel participou o Bispo de Lugo e presidente da Comisión Episcopal para a Educación e a Cultura, Mons. Alfonso Carrasco quen pediu "asegurar unha educación boa e xusta que garanta a liberdade".
Outros responsables desta materia na Conferencia Episcopal e nas distintas dioceses españolas interviron para falar dos contidos desta disciplina e da importancia que ten o seu estudo para o alumnado, tanto dende un punto de vista cultural como de interpretación do mundo no que viven.