Foto: Galicia Pueblo a Pueblo.
Este xoves, 9 de xuño, ás 8 da tarde, na igrexa de Santa María de Vilabade, en Castroverde (Lugo), comezará o ciclo de concertos "Ó son de Santa María". Os encontros desta edición de 2022, a segunda que se organiza, continuarán no mes de xullo con dous concertos máis: un o 8 de xullo na igrexa de Santiago e outro o 16 na de Vilabade, ámbalas dúas no concello lugués.