Início / Menu Diócesis / Noticias

Cáritas celebra o seu día


Na solemnidade de Corpus Christi celebrase o día da caridade, o día de Cáritas. Os actos organizados pola ONG da Igrexa da nosa Diocese comezarán co pregón da caridade. Éste terá lugar este mércores, 15 de xuño, ás 8 da tarde, no salón rexio do Círculo das Artes da cidade de Lugo; a encargada do mesmo será a Valedora do Pobo de Galicia, dona María Dolores Fernández Galiño.

Ademais, a Cáritas ten previsto recoller donativos nas rúas da cidade de Lugo e tamén en Monforte de Lemos, Sarria, A Pobra de San Xiao e Lalín este xoves, día 16.

Na mesma xornada do 16, ás 18:30h. haberá, un acto de sensibilización da Campaña Educativa Caridade 2022 no Museo Interactivo da Historia de Lugo. No acto presentarase unha exposición e farase entrega de regalos aos nenos e mozos participantes. Ademáis, a partir das 19:30h. os máis cativos poderán desfrutar de varias actividades no parque da Milagrosa (Lugo).

Xa o domingo, solemnidade de Corpus Christi, ademáis das colectas parroquiais que se destinarán a Cáritas, retomarase a recollida de donativos, nesta ocasión, ademáis de nas rúa de Lalín tamén nas de Melide, Chantada e Silleda.

[Memoria de Cáritas Lugo 2021]