Dende onte, luns 11, ata o vindeiro venres 15, un grupo de xóvenes de distintas parroquias do concello de Castroverde (Lugo) acompañados polo seu párroco, Nicolás Susena, están a realizar unha convivencia en Asturias e Cantabria. Estes mozos, que recibiran o sacramento da Confirmación no pasado curso, comparten estes días de encontro, oración e ocio visitando lugares como a cova de Altamira, xogando ao `paintball´ e aproveitando as praias cántabras.