Início / Menu Diócesis / Noticias

Música no Camiño Primitivo


Ata o 10 de agosto desenvólvese o ciclo de concertos “Música no Camiño Primitivo”. Estes concertos, organizados pola Diocese coa colaboración do Concello de Lugo e da Xunta de Galicia, levarase a cabo en templos situados no tramo do Camiño que pasa polo termo municipal lucense.

O primeiro dos concertos terá lugar o 15 de xullo, ás 21 horas, na capela do Carme. Nel actuarán o grupo vocal Solo Voces, dirixido por Fernando Gómez Jácome; Giuseppe Nova, frauta; e Giulio Mercati, órgano positivo. E interpretarán obras de Händel, Bruckner, Johann Sebastian Bach, Jehan Alain, Jouzas Naujalis, Carl Philipp Emanuel Bach, Xoán Montes e Mozart.

Os demáis concertos serán o mércores 20 de xullo, ás 20.30 horas, na igrexa parroquial de San Miguel de Bacurín;  o mércores 27de xullo, ás 21.00 horas, na igrexa parroquial de San Vicente do Burgo; o mércores 3 de agosto, ás 21.00 horas, na igrexa parroquial de San Martiño de Poutomillos; e o mércores 10 de agosto, ás 21.00 horas na Catedral de Santa María.