Início / Menu Diócesis / Noticias

Igrexa por un Traballo Decente denuncia o alto desemprego estrutural

Foto: .


A iniciativa Igrexa por un Traballo Decente (ITD) denuncia, a través dunha nota de prensa enviada con motivo da Xornada Mundial polo Traballo Decente deste 7 de outubro, que “aínda quedan demasiadas situacións de vulnerabilidade vinculados ao traballo no noso país”. Para iso, fai un chamamento “ao Goberno e aos axentes socioeconómicos a comprometerse co emprego de calidade" nun contexto inflacionista que "ten como consecuencia directa o crecemento do custo da cesta da compra e da vida das familias traballadoras" sendo, ao mesmo tempo, "unha ameaza para o emprego que segue en tensión polo impacto da pandemia". Por este motivo, ITD reivindica “a necesidade de seguir vixiando e regulando as condicións laborais para que sexan decentes”. Reclama tamén que "se incorpore á axenda política a atención das causas que provocan esta “raxedia tan estendida de sinistralidade laboral, xa que dúas persoas traballadoras morren cada día no noso país, como resultado de non garantir a seguridade e saúde no traballo”, asegura.

Seguindo o lema “Sen homes e mulleres comprometidas, non será posible o traballo decente”, ITD anima a participar "nos actos reivindicativos e celebrativos en todas as prazas e parroquias das dioceses", a fin de que "esta toma de conciencia se vaia convertendo en compromiso diario polo traballo decente”.

Igrexa polo Traballo Decente, que comezou a súa andaina en 2014, está formado por organizacións de inspiración católica e congregacións relixiosas, entre as que se atopan Cáritas, a Conferencia Española de Relixiosos (CONFER), a Irmandade Obreira de Acción Católica (HOAC), Xustiza e Paz, a Mocidade Estudante Católica. (JEC) e a Mocidade Obreira Cristiá (JOC).

DATOS SOBRE A SITUACIÓN DO EMPREGO

Poboación en risco de pobreza e exclusión: 13,2 millóns de persoas (27,8%).
En risco de pobreza polas condicións laborais (baixa intensidade do emprego): 11,6%.
Ocupados: 20,4 millóns de traballadores e de traballadoras.
Contratos indefinidos a tempo completo: 13,4 millóns.
Contratos temporais: 3,8 millóns (22,3%).
Contratos a tempo parcial: 2,5 millóns (14,7%).
Parados: 2,9 millóns de persoas (12,5%). Homes: 1,3 millóns (11%); mulleres: 1,6 millóns (14,2); mocidade (16-24 años) 15,8 %.
Fogares con todos os seus membros en paro: 990.000
Salarios: os salarios pactados en convenio colectivo crecen actualmente ao 2,56% fronte a unha inflación superior ao 10%. (-8 puntos de perda de poder adquisitivo).
Sinistralidade laboral: 611 persoas traballadoras mortas en accidente laboral (2021).