"Sen compromiso non hai o traballo decente"
Xornada mundial polo traballo decente (7 de outubro de 2022)
Sempre que alguén se preocupa polo exercicio do traballo estase ocupando das persoas, que desenvolven desde os inicios da historia humana esta capacidade recibida de Deus Creador de colaborar con Él na obra da Creación. O traballo é unha actividade específica daspersoas. Por tanto, estas deben estar por enriba das cousas materiais, e logo tamén do capital, como claramente escribe Xoán Paulo II na encíclica “Laborem Exercens”: "Débese ante todo lembrar un principio ensinado sempre pola Igrexa. É o principio da prioridade do ‘traballo’ fronte ao ‘capital’. Este principio refírese directamente ao proceso mesmo da produción, respecto ao cal o traballo é sempre unha causa eficiente primaria, mentres o ‘capital’, sendo o conxunto dos medios de produción, é só un instrumento ou a causa instrumental. Este principio é unha verdade evidente, que se deduce de toda a experiencia histórica do home.” (nº 12)
Bieito XVI na encíclica “Cáritas in Veritate” (nº 63)falounos do que significa a ‘decencia’ aplicada ao traballoe de que as persoas teñan un traballo libremente elixido e decente. Dende entón diversos grupos eclesiais puxeron en marcha o movemento Igrexa polo Traballo Decente, parasaír á Praza Pública en demanda de xustiza; o que resulta se cabe máis urxente nestes tempos ben difíciles. Todapersoa debe ter a ledicia e tamén a dignidade de gañar o seu propio pan e o da súa familia.
Non esquezamos que o traballo en si é sempre de colaboración con outras persoas que impulsa a crear entreelas un espírito de auténtica solidariedade. A ledicia de gañar o pan faise plena cando se comparte, o que nos fai compañeiros (os que comparten o pan) no camiño da vida.
Porén, cando o “mercado” faise “Deus”, poden noninteresarlle millóns de persoas, ás que descarta deixandosen acceso a un traballo que lles permita vivir con dignidade. Convértese entón nunha economía que mata. Examinemos se coñecemos persoas en situación de exclusión laboral e social, ou que sofren condicións laborais indignas, e se as acompañamos no seu proceso de liberación respectando o seu protagonismo. Neste compromiso solidario non debemos esquecer o que di o Papa Francisco:
“O cambio entendido non como algo que chegará un día porque se impuxo tal ou cal opción política ou porque se instaurou tal ou cal estrutura social. Dolorosamente, sabemos que un cambio de estruturas que non vén acompañado dunha sincera conversión das actitudes e docorazón termina ao longo ou curto prazo por burocratizarse, corromperse e sucumbir…” (Discurso aos participantes no 2º Encontro Mundial dos Movementos Populares. 2015).
Por iso o lema desta “Xornada polo Traballo Decente”, sen compromiso non hai o traballo decente,recórdanos que os cambios necesarios no se farán sen as nosas persoas. Pois levar adiante este compromiso vainos esixir ser conscientes da nosa propia realidade, do que nos costa ser solidarios, por aferrarnos á comodidade pechando os ollos e o corazón ao clamor dos pobres. Ó noso ser cristiáns pertence non a indiferenza e menos o abuso, senón a realización de prácticas de comuñón cara a unha sociedade xusta e fraterna.
Na loita polo traballo decente cada persoa é benvida. Tamén o noso compromiso é necesario. Colaboremos unidos coas mulleres e homes que loitan pola xustiza social, cos que se esforzan para que haxa traballo para todos, en medio desta crise causada pola pandemia e pola guerra. Esteamos atentos á situación de quenes chegan de lonxe co risco da súa vida, necesitados dun traballo que debe ser tamén decente.
Pensemos cada un de nós na nosa parte na construción dun mundo no que non reine a avaricia, a violencia e o desinterese polas persoas, senón a xustiza e a paz de Deus. Así, coa axuda do Señor, estaremos coidandodas nosas familias e da nosa sociedade, e traballando para que sexa un fogar para as xeracións futuras. Que o Señor bendiga este compromiso a favor da dignidade do traballo de todos, en primeiro lugar dos máis necesitados.
+ Alfonso Carrasco Rouco
Bispo de Lugo
Mons. Alfonso Carrasco, Bispo de Lugo