A Diocese de Lugo celebra este domingo, 13 de novembro, o 6º aniversario da renovación do privilexio, outorgado inicialmente en 1860, que concede a Indulxencia Plenaria Cotiá e Perpetua aos fieis que visiten a súa Catedral e cumpran coas condicións habituais da confesión sacramental, a comuñón eucarística e a oración polas intencións do Romano Pontífice. Nesta xornada, o Vicario Xeral da Diocese, don J. Mario Vázquez Carballo, presidirá unha Eucaristía de acción de grazas a Deus. O coro Santa Rita, do Barco de Valdeorras, acompañará na liturxia.
No ano 2016, o Bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco, presentou á Santa Sé a petición de renovar a indulxencia plenaria. Isto foi concedido por Decreto da Penitenciaría Apostólica nese mesmo ano. No documento sinálase que os fieis poden gañar a indulxencia calquera día do ano a condición de que, cumpridas as condicións habituais, visiten piadosamente o Santísimo Sacramento exposto co fin de adoralo durante un axeitado espazo de tempo.