Início / Menu Diócesis / Noticias

Xornada de formación sobre o patrimonio


O 23 de novembro tivo lugar unha nova sesión da formación permanente. O primeiro en intervir foi o Secretario técnico, letrado asesor de Asuntos Xurídicos Civiles da Conferencia Episcopal Jesús Miguel López Nieto. No seu relatorio “Sistema de responsabilidade penal de persoas xurídicas e entidades católicas” comezou referíndose a que unha entidade xurídica pode ser declarada responsable penalmente cando se dan as seguintes circunstancias:

1) un representante legal, administrador ou directivo actuando en nome ou por conta da entidade ou cando quen delinque é un empregado descontrolado por neglixencia grave do superior.

2) hai un beneficio directo ou indirecto da entidade

3) non hai implantado un programa de cumprimento normativo En canto ao arsenal punitivo fronte ás persoas xurídicas, pode chegarse á disolución. No caso da Conferencia Episcopal, Nunciatura… non se disolverían. Con respecto aos delictos xeradores de responsabilidade penal de persoas xurídicas López Nieto referiuse aos que van contra a liberdade sexual e a corrupción de menores. Do total deste tipo de delitos, aínda que os medios de comunicación poden dar outra idea, os membros da Igrexa están implicados nun 0,2% dos casos.

Aínda que se ten dado o caso de sancionar a unha empresa por enviar un correo electrónico a un enderezo equivocado, non consta que a Igrexa teña sido sancionada por cuestións relativas ao tratamento de datos,. Precisamente o tema da aplicación da Lei de Protección de datos na Diocese de Lugo, foi tratado polo Delegado Diocesano de Protección de datos, Alfredo Losada. Finalmente, a Secretaria da Chancelería do Bispado de Barbastro-Monzón, Beatriz Mairal Fumanal, explicou os aspectos xurídicos dos depósitos de obras de arte.