Início / Menu Diócesis / Noticias

28 de decembro: Formación permanente


O mércores 28 de decembro terá lugar unha nova xornada de formación permanente. Será na cidade de Lugo, na igrexa parroquial da Milagrosa.

Comezará ás 10:45 horas cunha comunicación do Delegado Episcopal de Patrimonio da Diocese de Ourense, Luis Manuel Cuña Ramos, que falará da necesidade e importancia actual do inventario. Logo haberá outra intervención, neste caso a cargo da Subdirectora Xeral de Protección do Patrimonio Cultura, Beatriz González Loroño, na que se explicará o réxime xurídico das intervencións e bens de interese cultural e catalogados. A xornada rematará cunha visita guiada ao depósito de bens culturais da Diocese de Lugo