Início / Menu Diócesis / Noticias

Varias parroquias lucenses peregrinan ó santuario do Corpiño


As parroquias de Castroverde, Meira, Pol e Sarria continúan este sábado 4 de febreiro coas peregrinacións aos santuarios marianos máis senlleiros da xeografía galega. Nesta ocasión achegaranse ata o santuario da Benaventurada Virxe María do Corpiño, en Lalín.
Os peregrinos poden optar entre dúas modalidades: facendo unha andaina previa á celebración da Misa e o posterior xantar, ou chegar ao santuario en autobús.

Para inscribirse é preciso contactar cos responsaboes das distintas parroquias organizadoras: Meira (658 370 318), Sarria (625 646 558) e Castroverde (667 677 363). O último día para poder faceli é o 1 de febreiro.