A delegación episcopal para o Clero da nosa Diocese, organiza unha nova xornada de formación para o xoves 23 de febreiro. Poderá asistirse, ao igual que nas anteriores ocasións, de forma presencial no Seminario Diocesano de Lugo ou a través da canle de YouTube.
Comazará ás 10 coa presentación e continuará ás 10.15 coa intervención do canciller da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, don Félix Villares, que falará sobre os cemiterios eclesiásticos. Ás 10:45 horas está previsto que don Manuel Chaín, subdirector xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Xunta de Galicia, don Manuel Chaín, explique, expoñendo algúns casos prácticos, a intervención en bens inmobles da Igrexa. Pecharase a xornada ás 11:40 horas con don Gustavo Riveiro, director do departamento para a Pastoral do Turismo da Conferencia Episcopal Española.