Este vindeiro domingo, 5 de marzo, ás 16:30 h., inaugurarase, na igrexa San Xoán de Becerreá (Lugo), unha exposición sobre emigración. A mostra, que poderá verse durante todo o mes de marzo, está organizada polo Cento Galego de Tarragona e a Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Becerreá e a parroquia de San Xoán de Becerreá.
Benjamín de Arriba y Castro naceu en Santa María de Penamaior en 1886 e faleceu en Barcelona en 1973. Foi coengo, bispo de Mondoñedo e Oviedo, arcebispo de Tarragona e cardeal.