A igrexa parroquia da Pobra de Brollón (Lugo) acollerá unha Eucaristía na que se pregará polos misioneiros, especialmente polos que regresaron á Diocese nos últimos anos. Será o domingo, 5 de marzo, ás 12.30 horas.
Rematada a liturxia, fegreses naturais de distintos países de Hispanoamérica compartirán pratos típicos do seu lugar de orixe.
Os misioneiros regresados son os sacerdotes diocesanos Jesús López Pérez e Manuel Rodríguez Castiñeira; a misioneira do Divino Maestro Adelaida Lòpez Quintela e os franciscanos Manuel Varela Sánchez e Ángel Cacheda Lamas.