Este mércores, 8 de marzo, tivo lugar no bispado de Lugo unha reunión de traballo do equipo de pastoral diocesano. A el asistiron o Bispo, monseñor Alfonso Carrasco; o Vicario Xeral, Mario Vázquez; o Vicario de Pastoral, Luis Manuel Rodríguez e os delegados episcopais. Nesta ocasión, o encargado da pastoral da saúde, Miguel Ángel Fernández Vilariño, foi o encargado de presentar a labor que se realiza desde o seu departamento.