Início / Menu Diócesis / Noticias

Confirmacións en Meira


Este domingo, 12 de marzo, viviuse unha xornada de festa na parroquia de Santa María de Meira. A monumental igrexa, coñecida como unha das xoias cistercenses de Galicia, foi o lugar no que unha trintena de mozos recibiron o sacramento da Confirmación.

A celebración estivo presidida polo Bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco. Concelebraron o párroco do lugar, Miguel Asorey; o reitor do Seminario Diocesano, David Varela; o delegado episcopal de Xuventude, Luis Varela; o párroco de Ribeira de Piquín, José María Huertas e o sacerdote mindoniense Jaime Iglesias.

Os confirmados estiveron acompañados polos seus familiares e os catequistas.

O Bispo de Lugo acompañado polos sacerdotes. FOTO: MARÍA NOGUEIRA