Início / Menu Diócesis / Noticias

Concepción Arenal no encontro interdiocesano de pastoral Penal


Baixo o lema "Outro cumprimento de pena é posible", o 11 de marzo celebrouse o 9º encontro interdiocesano de pastoral Penal na casa de exercicios espirituais de Santiago de Compostela. A xornada estivo presidida polo Bispo de Santiago de Santiago, Mons. Julián Barrio; tamén estiveron presentes o Bispo de Mondoñedo-Ferrol, Mons. Fernando García, e o Bispo Auxiliar de Compostela, Mons. Francisco José Prieto.

A mañá estivo adicada ao relatorio da exsecretaria xeral de Institucións Penais, Mercedes Gallizo, que adicou parte da súa intervención á figura de Concepción Arenal. Esta muller, nacida o 31 de enero de 1820 en Ferrol, ofreceu moitas das súas enerxías a defender ás personas máis desfavorecidas e foi a fundadora da revista "La Voz de la Caridad".