Início / Menu Diócesis / Noticias

A Catedral acollerá o 18 a vixilia de oración polo Seminario


O sábado 18 de marzo a Catedral de Lugo acollerá a vixilia polas vocacións sacerdotais no marco do Día do Seminario. Ás 20 h comezará a Eucaristía no Altar Maior para continuar, rematada esta, coa oración que o movemento Adoración Nocturna aplicará por esta realidade diocesana. Os adoradores nocturnos aproveitarán a xornada para entregar ao reitor do Seminario Conciliar de Lugo, David Varela, unha copia da acta fundacional da asociación eucarística na cidade das murallas. Nela queda constancia de que a maioría dos asistentes á sesión de 1885 eran seminaristas.