As asociacións Fonte do Milagro e Castro Grande de Vilar do Courel recuperan as cruces que no seu día foron colocadas dende o campo da Festa do Campazo ata a ermida de San Roque e que quedaron estragadas polo lume de xullo de 2022. O vindeiro 18 de marzo terá lugar unha xuntanza preparatoria do percorrido do Via Crucis do Venres Santo.