O Bispo da Diocese de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco e o Vicario Xeral e deán da catedral, Mario Vázquez, acompañaron ó conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nunha visita ó claustro da nosa catedral. Ó fin era comprobar o resultado das obras de rehabilitación nas que a Xunta de Galicia investiu 625.000€. A actuación incluíu traballos de conservación nalgúns dos elementos construtivos do claustro, coa limpeza xeral das fábricas, eliminando suciedade ou biodepósitos, a restitución das perdas de volume con morteiro de reposición e a substitución dalgunha peza de cantería. Limpáronse tamén os urinarios de granito e a fonte central, consolidouse a policromía e os pigmentos nos paramentos interiores e bóvedas e na pintura mural norte extremo noroeste e restauráronse as pinturas murais do paramento abovedado da porta románica.