Que celebramos o Xoves Santo? O Xoves Santo conclúe a Coresma e iníciase, nas últimas horas deste día, o santo Triduo pascual. Celebramos a misa vespertina da Cea do Señor(que inclúe tamén o rito do lavatorio dos pés) e que, a semellanza das primeiras Vésperas das solemnidades, constitúe como o pórtico ao Triduo pascual. O carácter propio deste día é, pois, o dunha introdución aos días santos do Triduo. Pero sempre baixo o prisma do Sacramento da Eucaristía que rememora e fai presente o Misterio pascual da morte e resurrección de Cristo, misterios que se celebrarán con solemnidade especial nos días do Triduo pascual. Sublíñanse nesta celebración do Xoves Santo, con gran tradición e devoción na Cidade do Sacramento, “a institución da Eucaristía, a institución do Sacramento da Orde sacerdotal e do mandato do Señor Xesús sobre a caridade fraterna”. Agora ben, se é verdade que o Xoves Santo celébranse a institución da Eucaristía e do sacerdocio, e tamén o día do amor fraterno, o gran día da Eucaristía, o día en que debe celebrarse coa maior solemnidade e expresividade, é a Noite santa de Pascua e o domingo (Día do Señor), xornadas nas que se dá grazas polo triunfo xa realizado de Cristo e pola súa vitoria sobre a morte. Neste sentido, o Xoves Santo é porta e profecía do que será a Pascua de Resurrección. Feliz Triduo pascual a todos.
D. Mario Vázquez Carballo, Vicario Xeral da Diocese de Lugo