Início / Menu Diócesis / Noticias

Exposición «Semana Santa, tradición secular» na Catedral de Lugo


Hai cinco anos, a Semana Santa de Lugo foi declarada como Festa de Interese Turístico Galego. Por esta efeméride, o claustro da Catedral de Lugo acollerá a exposición ‘Semana Santa, tradición secular’. A mostra estará aberta ao público durante as dúas últimas semanas do mes de abril e pode ser visitada de luns a sábado de 09.30 a 18.30h.
A exposición afondará no significado da Semana Santa non só como acontecemento relixioso senón tamén histórico, cultural e social, fortemente arraigado na tradición galaico-portuguesa. A mostra, situada nun dos lugares emblemático da seo, recollerá vivencias desta celebración relixiosa nas distintas cidades do Eixo Atlántico.