Início / Menu Diócesis / Noticias

José María Albalad anima á corresponsabilidade como un estilo de vida

Foto: COPE.


O director do secretariado para o Sostemento da Igrexa, pertencente á Conferencia Episcopal Española, José María Albalad, participou, na mañá do 19 de abril, na Xornada de Formación Permanente da Diocese de Lugo. Na súa intervención expuxo:

  • A certeza crisitá da decisión libre e consciente de seguir a Xesucristo sen importar o custo.
  • Un seguimento en tódalas dimensións da vida, ao longo de toda a vida.
  • Gratitude: hai conciencia do moito recibido e o desexo de compartir eses dons.
  • A relación crente-comunidade é básica e ten a dobre dirección: recibir e dar.
  • A corresponsabilidade é estilo de vida (testemuño): tempo, cualidades, oración, apoio económico.
  • A actividade da Igrexa está ao servizo da comunidade humana, buscando a integración dos débiles, colaborando na extensión do coñecemento de Deus.

Ademáis, José María Albalad enumerou varias ideas sobre a economía das parroquias:

  • O párroco lidera o camiño.
  • A formación en liderado é unha prioridade: Consello Pastoral Parroquial, Consello de Asuntos Económicos, plan anual de corresponsabilidade, etc.
  • A corresponsabilidade é un tema que debe estar presente todo o ano (homilías, retiros…).
  • O compromiso (anual) ha de presentarse dun xeito atractivo.
  • Os 4 piares da corresponsabilidade son: hospitalidade, oración, formación e servizo.
  • A formación en corresponsabilidade é un proceso ao longo de toda a vida; para as persoas, as familia e as parroquias.

Tamén participou na xornada o Ecónomo da Diocese de Lugo, don Rodrigo Rúa, quen abordou varias cuestións:

  • A transparencia é importante en relación coa corresponsabilidade. Os recursos que temos son expresión da comuñón e están ao servizo da misión. Necesidade de amosar agradecemento.
  • Dimensión pastoral da responsabilidade económica. Primeiros pasos da comisión de sostenibilidade da Diocese, primeiro analizando a realidade co método DAFO (debilidades, fortalezas, ameazas, oportunidades).

Pola súa banda, o director de seguridade e técnico superior en xestión de riscos, Jesús Belenguer, clausurou a xornada de formación permanente sinalando a necesidade de informar ás forzas de seguridade de ameazas recibidas, tanto as feitas en persoa como a través dunha comunicación telefónica, postal, etc.