O sábado 6 de maio ás 19 h terá lugar un concerto da Banda de Gaitas Zuncurrundullo. É un acto organizado pola unidade pastoral de Castroverde en colaboración co concello e forma parte do III Ciclo de Concertos Ó son de Santa María.
A Banda de Gaitas e Tambores "Zuncurrundullo" formouse en Castroverde (Lugo) no ano 1989. Adoptou como nome un vocábulo galego, ata entón esquecido, usado nalgunhas adiviñas para enmascarar nos textos a palabra "gaita". Ao longo destes 29 anos, a Banda conseguiu un gran recoñecemento polo seu traballo musical e a súa orixinalidade interpretativa, sendo ademais merecedora de grandes premios e destacando a súa participación en numerosos festivais.