A parroquia lucense de Santiago A Nova inicia, o sábado 6 de marzo, a edición anual do seu "Artenova". Esta é unha iniciativa solidaria de venta de produtos coa que se pretende recadar diñeiro para os máis necesitados. Pode visitarse, accedendo ao templo parroquial pola rúa de San Pedro, no horario de 10 a 14 h e de 16.30 a 20.30 horas.