Início / Menu Diócesis / Noticias

Pregón da Caridade en Lugo


O mércores 7 de xuño, ás 20 h, o salón de actos da Deputación de Lugo acollerá o tradicional Pregón da Caridade. Este ano correrá a cargo do xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, Ramón Ares Rico.

Baixo o lema “Ti tes moito que ver. Somos oportunidade. Somos esperanza”, a campaña do Día da Caridade convida á sociedade a reenfocar a mirada, para ver xuntos esoutra realidade do mundo da que formamos parte: a de moitas persoas que non poden acceder aos mesmos dereitos, os que viven en desvantaxe por moitas razóns, os que viven na tristeza, a soidade e a pobreza. Miles de persoas malviven con escasos recursos e, aos poucos, van pasando ás filas dos esquecidos, dos que non teñen acceso a unha vida digna en dereitos e oportunidades. Son persoas que van quedando á marxe dos soños e das expectativas. Ante isto, Cáritas propón non deixar pasar de longo a vida sen vela. A sociedade ten moito que ver para facer realidade que todos disfruten de novas oportunidades, alivien soidades e sanen.