Este ano, a parroquia de Santa María de Meira (Lugo) veuse na obriga de adiantar o Corpus Christi a este domingo, 4 de xuño. A pesar do cambio obrigado, os meiregos non deixaron de celebrar e honrar ao Santísimo Sacramento coa grandeza coa que o veñen facendo dende hai uns anos. A xa tradicional alfombra no centro da vila e as primeras comuñóns dunha decena de cativos, enmarcaron a solemnidade.