Nun acto oficial da Diocese de Lugo, o 19 de xuño, incorporouse a ara votiva de Curbián (Palas de Rei) á exposición permanente do museo Diocesano e Catedralicio de Lugo. A ara está datada no século II d. C e ten a inscrición "A Bandua Boleccus, Sulpicius Sincerus C[?] cumpriu de bo grado o voto que fixera".
Na presentación, o deán da Catedral e Vicario Xeral da diocese, don Mario Vázquez lembrou que "ao elenco de pezas máis relucentes do valioso patrimonio que ten a diocese de Lugo únese a Ara Votiva de San Martíño de Curbián, completando un catálogo de pezas previas á Idade Media dos máis completos das entidades museísticas que ostenta Galicia”.
Pola súa banda, Uxía Aguiar, da empresa Parteluz, relatou a historia da restauración lembrando que "realizáronse unha serie de ensaios científicos que pasaban polo estudo dos elementos de deterioro, e tomáronse mostras para levar ao laboratorio e caracterizar a través de infravermellos que tipo de pátinas estaban traballando sobre a superficie”.
O director do departamento de Patrimonio Histórico Artístico da Diocese de Lugo, Jesús Salvador, comentou que “a relevancia histórica desta peza esixía un paso máis na súa conservación e tamén na súa difusión”.
Clausurou o acto o Bispo, Mons. Alfonso Carrasco.