Início / Menu Diócesis / Noticias

Os galegos que participarán na XMX´2023 reuniranse en Silleda o día 1


Este verán, do 1 a 6 de agosto de 2023, terá lugar en Lisboa (Portugal) a Xornada Mundial da Xuventude coa participación do Papa Francisco. Tódolos mozos galegos que irán a este encontro terán unha xuntanza o vindeiro sábado 1 de xullo nos locais parroquiais de Silleda (Pontevedra). Este comezará ás 11 h coa acollida, seguida dun momento de información sobre a peregrinación, testemuños de mozos que xa participaron noutras xornadas e rematará a mañá cunha adoración eucarística; pola tarde haberá reunións por dioceses para organizar os Días nas Dioceses, semana previa á Xornada, e culminará o encontro ás 17 h coa Eucaristía.