Este mércores 5 de xullo, o Bispo, monseñor Alfonso Carrasco, e os sacerdotes que ordenados a partir do ano 2000, tiveron unha convivencia de fin de curso. Ésta desenvolveuse en Ferrol onde puideron visitar a Base Naval de Ferrol.
Con esta xornada déronse por concluídos para este curso estes encontros de fraternidade, oración e formación que don Alfonso mantén cada trimestre cos cregos máis novos da nosa Diocese.