Este 8 de xullo, varias parroquias honrarán a San Cristovo, patrón dos condutores; entre elas, A Fonsagrada, Chantada, Monterroso e Lalín.
Na Fonsagrada celebrarase a Eucaristía ás 12.00 h e, posteriormente terá lugar a bendición dos vehículos. En Chantada, a Misa será ás 13.00 h na explanada do mercado gandeiro. No concello de Lalín, San Cristovo será honrado na igrexa parroquial de Santa María da Saleta de Xaxán nunha liturxia que comezará ás 12.00 h. No caso de Monterroso, esta festa trasladarase ao luns 10 de xullo ás 12.30 h.