Início / Menu Diócesis / Noticias

Festas do Carme en Lugo


Este domingo, 16 de xullo, a parroquia de San Pedro da cidade de Lugo acolleu as festas na honra de Nosa Señora do Carme. A Eucaristía e a procesión polas rúas do centro da capital foron presididas polo Bispo, monseñor Alfonso Carrasco, quen estivo acompañado polo párroco, José Manuel Penela, e os sacerdotes Nicolás Susena e Alejandro Pin. Á celebración asistiron, ademáis dun nutrido grupo de fieis, a alcaldesa lucense, Lara Méndez e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias. 

Interior da parroquia de San Pedro durante a Eucaristía na honra da Virxe do Carme