Início / Menu Diócesis / Noticias

Homenaxe a don Luis González Fernández

Foto: Miguel Asorey Otero.


Este pasado 19 de agosto, o colexio de Paradavella, na Fonsagrada (Lugo), acolleu unha homenaxe ao sacerdote don Luis González Fernández. A celebración da Eucaristía, ás 13 h, foi o acto central dos festexos. Logo desta, os asistentes compartiron o xantar e unha convivencia amenizada por acordeonista. 

O reverendo Luis González, de 86 anos, leva 58 de sacerdocio. O seu primeiro destino foi Santa María de Meiraos, no concello lucense do Folgoso de Courel, e logo fóronlle encargadas varias dos concellos de A Fonsagrada e Baleira: Piñeira, Degolada, Paradavella, Bruicedo, Vieiro, Bastida e Pacios. No ano 2017 cesa nestas tres últimas parroquias e súmanlle, aos seus encargos pastorais, as de Córneas, San Pedro do Río e Freixo.