Início / Menu Diócesis / Noticias

Cáritas organiza un curso para obter o permiso de conducir


Do 1 ao 21 de setembro, Cáritas Lugo organiza unha formación destinada a adquirir as competencias necesarias para presentarse aos exames teórico e práctico do carné de conducir tipo B. Esta formación, de 60 horas, farase no centro de servizos de Cáritas, na avenida das Américas da capital lucense. Unha vez aprobado o exame teórico terá lugar a formación práctica entre os días 22 de setembro e 29 de decembro, con horario variable.