Início / Menu Diócesis / Noticias

Peregrinación a Santiago de presos e funcionarios de Bonxe


O cárcere lucense de Bonxe, en colaboración coa Pastoral Penal, leva unha década organizando a peregrinación anual polo Camiño Primitivo. Logo de terse suspendida no 2020, retomouse este ano. Ao longo de cinco días, oito presos, catro funcionarios e un voluntario farán o Camiño Primitivo, despois de que o capelán da prisión, don José Río, impartise a bendición do peregrino na Catedral de Lugo.