O domingo 24 de setembro, a Adoración Nocturna presente na nosa Diocese celebra a XV edición da Festa da Familia Adoradora. Nesta oocasión será na Fonsagrada, onde se puxo en marcha unha nova sección promovida polo párroco don Miguel Ángel Álvarez.
O programa deste encontro, ao que están invitados os membros das seccións presentes no noso territorio (Lugo, Chantada, Lalín, Monforte, O Corpiño e Sarria), é o seguinte:
10.00 h – Saída desde a praza de Bretaña de Lugo.
11.45 h – Recepción de adoradores na praza da igrexa parroquial da Fonsagrada.
12.00 h – Santa Misa.
14:30 h – Xantar de confraternidade.
17.00 h – Saída cara a igrexa de Santiago da Fontaneira, onde se celebrará o acto mariano. Ao remate, regreso a Lugo.
Os interesados en asistir reservarán praza chamando ao teléfono 636 693 208 (Ginel).