Foto: FOTO LOIS. La Voz de Galicia.
Este pasado mércores 20 de setembro, faleceu o reverendo don Carlos Méndez Vázquez, párroco de Monterroso entre os anos 1961 e 2015. O funeral polo seu eterno descanso celebrarase este xoves, 21 de setembro, ás 16:30 h, na igrexa parroquial de Monterroso.
Don Carlos Méndez naceu no concello de Monterroso o 11 de febreiro de 1931 e foi ordenado sacerdote o 16 de maio de 1954 polo bispo monseñor Rafael Balanzá y Navarro.