Na tarde do mércores 20 de setembro organizouse unha visita comentada á escavación arqueolóxica da igrexa vella de San Xoán da Pena, no concello de Lugo. Estivo dirixida polo arqueólogo Roberto Bartolomé quen explicou, entre outros temas, que restos dunha antiga construción foron reutilizados no 1872 para o novo templo parroquial.
No pasado ano comezara a intervención no lugar e continuará ao longo do presente 2023.