A igrexa parroquial de Santa María de Bolmente, no concello lucense de Sober, verá restaurado o retablo rococó dedicado á Asunción elaborado a finais do século XVIII por José Fernández de Guitián. Esta restauración está promovida polo párroco, don Ramón Piñeiro, e o seu custo (20.000 euros) serán sufragados pola comunidade de montes da parroquia.
A igrexa de Bolmente foi reconstruida totalmente a finais do século XVIII e conserva restos de traza románica na estructura da nave central e noutras partes do templo.