Na mañá deste pasado sábado, 24 de setembro, o Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco, administrou o sacramento da Confirmación a 50 mozos de distintas parroquias do concello pontevedrés da Golada. O prelado estivo acompañado polo párroco do lugar, José García, e varios sacerdotes da zona.