Início / Menu Diócesis / Noticias

Barcelona festexa a San Froilán

Foto: MIGUEL A. ÁLVAREZ.


Como vén sendo habitual nos comezos do mes de outubro, Barcelona celebra a San Froilán, patrono da Diocese e da cidade de Lugo. Por este motivo, o domingo 1 de outubro,  centos de fieis, acompañados polo párrocos lucenses da Milagrosa, don José Antonio Ferreiro; de San Foilán e San Pedro, don José Manuel Penela; e da Fonsagrada, don Miguel Álvarez, festexaron ao santo lucense coa celebración da Eucaristía e a posterior procesión por varias rúas da cidade condal. Á celebración asistiron tamén a alcaldesa da capital lucense, dona Lara Méndez, un representante da Deputación Provincial de Lugo e dous sacerdotes barcelonenses.

Don José Antonio Ferreiro (c) e don José Manuel Penela (d) durante a procesión. FOTO: MIGUEL A. ÁLVAREZ
Don José A. Ferreiro, párroco da Milagrosa, presidiu a celebración. FOTO: MIGUEL A. ÁLVAREZ