Foto: Autor: Catedral de Lugo.
As vixilias da Adoración Nocturna son esencialmente momentos de oración e adoración centrados na Eucaristía, en nome de toda a Igrexa. Como lembra o Manual de la Adoración Nocturna, na noite do 1 ao 2 de novembro ten lugar unha vixilia para rezar polos adoradores falecidos durante o ano. Esta, aberta a todos, comeza co rezo do Santo Rosario e continúa coa Santa Misa. Logo, xa co Santísimo Sacramento exposto, os adoradores rezan o Oficio de Lecturas.
As distintas seccións da Adoración Nocturna presentes na nosa Diocese crelebrarán estas vixilias. Na Catedral comezará ás 19.30 h.