Foto: Andrés Trinquete.
O Bispo de Lugo e responsable de Medios de Comunicación Social na provincia eclesiástica de Santiago de Compostela, monseñor Alfonso Carrasco, mantivo unha reunión cos responsables das distintas delegacións episcopais de Medios das dioceses galegas. Tivo lugar na mañá do mércores 8 de novembro no bispado lucense. A este encontro asistiron Marcos Torres e María José Campos, de Lugo; Manuel Blanco e Andrés Trinquete, de Santiago; Francisco Javier Martínez e Baruk Domínguez, de Mondoñedo-Ferrol; e Carolina Buceta, de Tui-Vigo.
Rematou o encontro cun xantar en fraternidade.