FILARBRASS

Lo último del obispo


O cuarteto de metais Filarbrass creouse no ano 2023 en Lugo e está formado por músicos da Banda Filarmónica de Lugo. 

MIGUEL GARCÍA DÍAZ nace en Baralla no ano 2000. Comeza os seus estudos musicais de trombón co profesor Bernardo Méndez no Conservatorio Profesional de Música de Lugo, onde posteriormente se graduaría. Dentro do seu proceso de formación na actualidade forma parte da BSG, OJSG e OSCyLJ. Colaborou con diversas bandas, ca Orquesta Gaos, Oviedo Filarmonía e Orquesta Sinfónica de Galicia. Actualmente forma parte da Banda Filarmónica de Lugo e cursa o 4º curso na especialidade de interpretación-trombón no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. 

PEDRO CASTRO GÓMEZ nace en Lugo en 1999. Estudou trompa no conservatorio Profesional de Lugo co mestre Francisco Javier Pérez Piñeiro, posteriormente recibiu clases de Javier González Borrajo o Nicolás Gómez Naval, entre outros. Tocou en programas coa Banda da Federación Galega de Bandas Populares e ca Orquesta Sinfónica de Galicia Xuvenil. Actualmente é músico da Banda Filarmónica de Lugo e da Banda dos Concellos de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol. 

JUAN PABLO RIVEROS QUIROGA, nacido en Colombia no 2001, comeza os seus estudos musicais no Colexio INEM "Luis López de Mesa" de Villavicencio (Colombia) cursou o preparatorio en música na Facultade de Artes ASAB de Bogotá na especialidade de trompeta cos mestres Fernando Rodríguez e Heraclio Mateus. Participou en programas de concerto xunto á Banda Sinfónica de Villavicencio en Colombia, Banda Filarmónica de Lugo, e tamén Orquestra Terra Nova de Lugo. Actualmente estudia no Conservatorio Profesional de Música Xoán Montés de Lugo. 

CARLOS LÓPEZ GONZÁLEZ nace en Lugo no ano 2000. Estudou trompeta cos mestres Adolfo Caride Rodríguez e Javier Viceiro Filgueira no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Posteriormente fixo un posgrado de especialización orquestral da Universidade de Santiago de Compostela, con Javier Simó Echarte, e tamén, un máster en Investigación musical na Universidade Internacional de Valencia. Participou en programas con orquestras como a Real Filharmonía de Galicia, a Orquesta Sinfónica da Coruña ou a Orquesta Clásica de Vigo.

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March